viernes, 26 de diciembre de 2014

NADAL QUE ME MATA 1



Cando a noite se pon solitaria,
e as tellas descubren que escampa,
todos somos un a loitar contra o frío,
tendendo tanto a man coma as mantas,
para logo repartires apertas sumarias,
coma reaccionarios que non bulen,
que non treman nin achantan.

Mentres esgarrafexa o lume as súas bágoas,
debaixo doutras tellas mal telladas,
incapaces xa de aquelar,
a teima fachendosa do egocentrismo,
que se enxendra na illa aillada,
e se rega coa vaidade zugada da incomunicación.

jueves, 18 de diciembre de 2014


Sexa eu o Miño, 
sexas ti o Atlántico,
sexa A Guarda testemuña,
da língua do meu río 
aterrando na boca do teu mar.