viernes, 19 de septiembre de 2014

PODE PASAR ...


¡ Pode pasar !
que pases, que pase, que pasen de todo
que só vivas para brincar e botar un grolo,
pode pasar.

¡ Pode pasar !
que sexas ti o que faga de suplente,
ou que non o intentes, e o que o intente que leve nos dentes,
pode que podería que pudiera pasar.

Pode pasar, e se pode pasar, pasará.

Pode pasar, que as frores biquen os coitelos,
pode pasar, que caian as lousas dos cruceiros,
pode pasar, que a teima che tire dos pelos,
pode pasar, que non queiras despertar dese pesadelo,
no que te fas amigo íntimo do demo.

¡Pode pasar!
pode pasar, que revente a presa,
que retén a miña xenreira,
esnaquizando todo ao seu paso,
queira deus ou non queira,
pode pasar.

¡Pode pasar!
pode pasar, que decaia o ánimo,
e a bravura se vaia esvaecendo,
na néboa pecha dun global desalento,
pode pasar.

¡Pode pasar!
pode pasar, que ter ideais,
sexa visto coma un exceso de fachenda,
e non me deixen voltar ao rabaño,
o resto das ouvellas.

E como che iba dicindo se pode pasar, pasará,
que pase ou que non pase, tamén esta na túa man.