sábado, 22 de marzo de 2014

COMA OS PAXAROS


                  Adicado a Naci e Israel pola súa voda


Veñen !
Veñen en marzo coma os paxaros,
a piar ás portas dos nosos corazóns mollados,
veñen e engalanan o tempo co seu doce canto namorado.

Tiran de morriña,
cando os refachos de futuro do vento do noroeste,
os van afastando do agarimo das súas casiñas.

¡ E volven !
Volven tamén coma os paxaros,
de cando en vez, de vez en cando,
para aniñar na terra de onde son nados.

Volven porque eles xuntos,
pintan a única cor que realmente nos aleda,
esa cor que lle da vida á primavera.